A nosa forma de transformar a realidade toma forma en diferentes liñas de acción que responden ás necesidades e inquedanzas das persoas, das comunidades e do territorio.
Descobre cada unha delas para coñecer os proxectos, programas e iniciativas que desenvolvemos e como contribuímos, desde a educación, á construción dunha sociedade máis xusta, igualitaria e participativa.

Organizamos campamentos, excursións e experiencias na natureza que fomentan a convivencia, a autonomía e o respecto polo patrimonio ambiental e cultural.
Creamos espazos de aprendizaxe e lecer onde nenas, nenos e mocidade medran a través do xogo, a participación e a vida en comunidade.

Desenvolvemos proxectos socioeducativos e campañas de sensibilización para promover a igualdade e a diversidade afectivo-sexual e de xénero.
Así mesmo, creamos recursos e materiais pedagóxicos para previr e actuar fronte ás violencias machistas.

Acompañamos a centros educativos e entidades na creación de espazos de diálogo, participación e resolución pacífica de conflitos.
Á súa vez, formamos equipos de Mediación Escolar e facilitamos procesos grupais desde a Comunicación Non Violenta e o bo trato.

Impulsamos procesos participativos que fortalecen a voz da infancia e da mocidade na vida comunitaria.
Tamén impulsamos iniciativas que poñen en valor a cultura e a lingua galega, fortalecen a identidade colectiva e contribúen á cohesión social.

Deseñamos accións formativas e recursos pedagóxicos para profesionais, entidades e centros educativos.
Desde a Escola de Tempo Libre Aventeira impulsamos a formación e o crecemento profesional, a través de metodoloxías participativas, innovadoras e centradas na práctica educativa no eido do lecer.

Xestionamos un espazo de aloxamento sostible no corazón do Xeoparque Mundial UNESCO Montañas do Courel.
Aquí, promovemos experiencias que conectan co patrimonio natural e cultural do territorio, favorecendo un turismo responsable, educativo e respectuoso coa contorna.
Cada proxecto nace da colaboración e da escoita das necesidades de cada entidade.
Se tes unha idea, unha proposta ou queres saber máis sobre os nosos servizos, estaremos encantadas de falar contigo.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar a análise de navegación das persoas usuarias e mellorar os nosos servizos. Ao pulsar “Aceptar” consente ditas cookies. Pode obter máis información pulsando AQUÍ ou ben coñecer como cambiar a configuración pulsando en “Configurar Cookies”.
