Aventeira 360

Proxecto de fortalecemento e consolidación da nosa cooperativa, cofinanciado pola UE a través do Fondo Social Europeo Plus (FSE+) e xestionado por CEPES no marco do Programa EFESO.

Campamentos, Excursións e Turismo Activo

Xunta de Galicia

Campamentos de Verán

De 2020 a 2025 asumimos a xestión directa de varios Campamentos de Verán da Xunta de Galicia.

En 2026 participamos na súa execución como entidade colaboradora doutras organizacións.

Concello de Ribadeo

Campamentos de Verán

Desde 2024 desenvolvemos os Campamentos de Verán do Concello de Ribadeo, promovendo un lecer educativo, participativo e inclusivo.

A través do xogo e da convivencia, favorecemos a conciliación familiar e a aprendizaxe da infancia.

Xunta de Galicia

Campos de Voluntariado

Participamos na organización de varios Campos de Voluntariado da Xunta de Galicia, promovendo experiencias de aprendizaxe, convivencia e compromiso co territorio.

Ao longo dos anos traballamos en localizacións como a Illa de San Simón, o Concello de Larouco e O Bolo.

Camiño de Santiago para Entidades Sociais

Organizamos experiencias do Camiño de Santiago para entidades sociais, asumindo a xestión integral da actividade.

Un servizo adaptado a cada grupo que combina planificación, acompañamento profesional e unha mirada centrada nos coidados, a participación e a inclusión.

Excursións para Centros Educativos

Organizamos excursións e saídas educativas para centros escolares, así como actividades no Xeocámping Montañas do Courel.

Cada proposta combina aprendizaxe activa, xogo e descubrimento da contorna.

Falamos?

Cada proxecto nace da colaboración e da escoita das necesidades de cada entidade.

Se tes unha idea, unha proposta ou queres saber máis sobre os nosos servizos, estaremos encantadas de falar contigo.