Ondas de Cambio é un proxecto de ámbito estatal, subvencionado polo Ministerio de Igualdade, que crea espazos de encontro e reflexión entre profesionais, entidades e mocidade para fortalecer a educación en igualdade, a diversidade afectivo-sexual e de xénero e a prevención das violencias machistas, impulsando respostas colectivas aos retos e desafíos actuais.
Lentes Violetas é un proxecto subvencionado pola Deputación da Coruña desde o 2022, que invita a educar a mirada para transformar a realidade.
A través de formacións e materiais pedagóxicos, ofrece ferramentas para identificar desigualdades de xénero e promover o bo trato en contextos sociais e educativos.
En 2026, no marco da campaña DE FRONTE á violencia de xénero da Deputación da Coruña, deseñamos materiais pedagóxicos e desenvolvemos obradoiros educativos para identificar e previr as ciberviolencias machistas, promovendo o pensamento crítico fronte aos discursos antifeministas e negacionistas da violencia de xénero.
No ano 2025, no marco da campaña Mocidade Corresponsable do Concello de Betanzos, deseñamos materiais pedagóxicos e desenvolvemos obradoiros en centros educativos para promover a corresponsabilidade no fogar, a responsabilidade afectiva, os coidados e o bo trato nas relacións persoais.
Desde o curso 2025-2026 desenvolvemos, para o Concello de Oleiros, os programas +Igualdade e (Nós) Queremos (Nos), levando aos centros educativos obradoiros de educación para a igualdade e educación afectivo-sexual.
Desenvolvemos obradoiros de Educación para a Igualdade dirixidos a ANPA´s e centros educativos.
A través de metodoloxías participativas abordamos a igualdade, a diversidade afectivo-sexual e de xénero e a prevención das violencias machistas e LGTBIfóbicas, adaptando cada proposta ás necesidades do grupo.
Xestionamos Puntos Violeta en eventos festivos para promover espazos de lecer seguros, igualitarios e libres de violencias machistas.
A través da información, a sensibilización e a atención profesional especializada, contribuímos á prevención das violencias e á promoción do bo trato.
Creamos espazos de conciliación en eventos festivos, formativos e comunitarios, incorporando unha perspectiva de xénero e de coidados.
Ofrecemos actividades educativas e de lecer que favorecen a participación das familias e garanten un espazo seguro, inclusivo e enriquecedor para a infancia.
Cada proxecto nace da colaboración e da escoita das necesidades de cada entidade.
Se tes unha idea, unha proposta ou queres saber máis sobre os nosos servizos, estaremos encantadas de falar contigo.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar a análise de navegación das persoas usuarias e mellorar os nosos servizos. Ao pulsar “Aceptar” consente ditas cookies. Pode obter máis información pulsando AQUÍ ou ben coñecer como cambiar a configuración pulsando en “Configurar Cookies”.
