Aventeira 360

Proxecto de fortalecemento e consolidación da nosa cooperativa, cofinanciado pola UE a través do Fondo Social Europeo Plus (FSE+) e xestionado por CEPES no marco do Programa EFESO.

Quen somos?

Aventeira

Aventeira nace en 2019 como unha cooperativa galega sen ánimo de lucro impulsada por un grupo de profesionais do ámbito educativo e do lecer que compartían unha mesma ilusión: construír un proxecto de autoemprego social, sostible e comprometido coa transformación da realidade.

Desde entón, traballamos para promover o benestar colectivo a través da educación en valores, o xogo e a creación de experiencias auténticas que conectan persoas e comunidades.

Iconos Sitio Web Aventeira

A nosa mirada

Soñamos cun mundo no que todas as persoas poidan aprender, participar e medrar en igualdade de oportunidades, a través dunha educación de calidade libre, coidadosa, crítica e transformadora.

Imaxes Sitio Web Aventeira (11)

O equipo

Aventeira está formada por un equipo multidisciplinar de nove persoas socias que compartimos un mesmo compromiso coa educación e a transformación social.

A diversidade dos nosos perfís e experiencias permítenos abordar cada proxecto desde unha mirada ampla, creativa e rigorosa.

Como cooperativa, traballamos de forma colaborativa e horizontal, convencidas de que as mellores ideas nacen cando se constrúen en común.

Áitor Novo

Apaixonado polo xogo e a educación, combina a experiencia directa na intervención co deseño e desenvolvemento de actividades e proxectos.

Achega visión estratéxica, coordina equipos e impulsa procesos de avaliación e mellora continua.

Andrea Sanjurjo

Educadora Social e Axente de Igualdade con sensibilidade artística, combina a intervención socioeducativa coa comunicación.

Desfruta tanto dinamizando grupos como creando campañas de sensibilización e contidos pedagóxicos que conectan coas persoas.

Rubén Casas

Vencellado á Educación Non Formal e ao voluntariado xuvenil, destaca pola súa capacidade para coordinar proxectos, conectar coas persoas e crear redes de colaboración.

En Aventeira, impulsa accións formativas e participa tamén na planificación económica da cooperativa.

Inés Cebreiro

Impulsora de proxectos de igualdade, diversidade e prevención das violencias machistas, combina o seu compromiso feminista coa formación e a facilitación de grupos.

Dentro do equipo vela polos coidados e pola creación de espazos seguros e inclusivos.

Rubo Bello

Mestre de Educación Primaria especializado en educación física e actividades no medio natural. Desenvolve proxectos de lecer educativo, participación e cultura.

Ademais, dentro da cooperativa encárgase da xestión de documentación laboral.

Pol Ovalle

Educador Social e Animador Sociocultural, combina a súa formación educativa coa paixón pola animación e os coidados.

Actualmente, coordina e dinamiza o Xeocámping Montañas do Courel, promovendo un turismo educativo, sostible e conectado co territorio.

Miren Alonso

Con ampla experiencia en mediación, facilitación e intervención comunitaria, cre no poder do diálogo para transformar realidades.

Acompaña centros educativos e entidades na construción de espazos de participación, convivencia e resolución positiva de conflitos.

Xulio López

Ligado ao asociacionismo e á Educación Ambiental, leva anos tecendo redes de colaboración entre entidades e administracións.

Achega a súa experiencia na xestión de instalacións, equipamentos e proxectos vinculados ao lecer educativo e ao Xeocámping Montañas do Courel.

Bobi González

Sempre vencellado ao lecer educativo, desfruta organizando campamentos, excursións e actividades na natureza.

Ten unha especial habilidade para coordinar recursos, materiais e procedementos, garantindo que cada proxecto funcione con eficacia.

Os nosos valores

Iconos Sitio Web Aventeira (2)

APRECIACIÓN E CELEBRACIÓN

Valoramos o camiño, agradecemos e celebramos o compartido.

Iconos Sitio Web Aventeira

CONFIANZA

Construímos vínculos desde o respecto, a transparencia e o compromiso.

Iconos Sitio Web Aventeira (4)

COIDADOS

Poñemos no centro a vida e o benestar das persoas e comunidades.

Iconos Sitio Web Aventeira (2)

CONCIENCIA CRÍTICA

Analizamos a realidade de forma reflexiva para transformala conscientemente.

Iconos Sitio Web Aventeira (3)

DEMOCRACIA

Exercemos a participación real e a toma de decisións colectivas.

No ano 2022, Aventeira recibiu o Premio ao Cooperativismo da Xunta de Galicia na categoría de Valores Cooperativos, un recoñecemento ao noso compromiso cun modelo educativo, cooperativo e transformador.

Comprometidas coa calidade e a conciliación

Apostamos por unha organización responsable, sostible e centrada nas persoas.

Por iso, contamos co certificado Empresa Familiarmente Responsable (EFR), un recoñecemento que acredita o noso compromiso coa conciliación, a igualdade de oportunidades e o benestar do equipo.

Certificado EFR

Tecendo alianzas

En Aventeira cremos que a transformación social só é posible desde a colaboración.

Por iso, participamos activamente en redes e organizacións coas que compartimos valores e construímos proxectos en común: