Aventeira 360 é un proxecto de consolidación e crecemento sostible da nosa cooperativa, que se desenvolverá ao longo de tres anos co apoio do Fondo Social Europeo Plus (FSE+), a través da Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES), como organismo intermedio do Programa EFESO (Emprego, Educación, Formación e Economía Social).
Este proxecto está pensado como un punto de inflexión na traxectoria de Aventeira, co obxectivo de fortalecer a nosa estrutura interna, reforzar o noso equipo e abrir novas vías de traballo sostibles e transformadoras.
O proxecto Aventeira 360 conta cunha cofinanciación por parte da Unión Europea, a través do Fondo Social Europeo Plus. Esta colaboración permite que iniciativas como a nosa, con forte arraigamento territorial e vocación transformadora, conten co acompañamento e recursos necesarios para medrar de forma planificada, xusta e duradeira.
Este apoio fai posible a implementación efectiva do plan, e ao mesmo tempo sitúa a Aventeira como unha experiencia de economía social activa, conectada co territorio e aliñada cos obxectivos do Programa EFESO.
Difundiremos os avances, accións e resultados do proxecto a través das nosas redes sociais. Se queres acompañarnos nesta etapa de cambio e crecemento, podes seguirnos e interactuar con nós en:
Hashtags oficiais: #CEPESFSE #CEPESEFESO
Proxecto cofinanciado coa cantidade de 120.744€ polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+), a través da Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES), en calidade de organismo intermedio do Programa EFESO.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar a análise de navegación das persoas usuarias e mellorar os nosos servizos. Ao pulsar “Aceptar” consente ditas cookies. Pode obter máis información pulsando AQUÍ ou ben coñecer como cambiar a configuración pulsando en “Configurar Cookies”.
