A través da Escola de Tempo Libre Aventeira impartimos o Curso Oficial de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre, homologado pola Xunta de Galicia.
Formamos a futuras profesionais da educación no tempo libre mediante unha proposta que combina coñecementos teóricos, aprendizaxe práctica e educación en valores.
A través da Escola de Tempo Libre Aventeira impartimos o Curso Oficial de Dirección de Actividades de Tempo Libre, homologado pola Xunta de Galicia.
A formación prepara profesionais para liderar equipos, coordinar proxectos socioeducativos e xestionar equipamentos, incorporando os valores da participación, os coidados e a educación transformadora.
A través da Escola de Tempo Libre Aventeira impartimos o Curso Oficial de Dirección de Campos de Voluntariado, homologado pola Xunta de Galicia.
Formamos profesionais para planificar, coordinar e dinamizar campos de voluntariado, promovendo a participación xuvenil, a educación en valores e o compromiso coa comunidade.
Colaboramos co Plan de Formación da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, deseñando e impartindo accións formativas para profesionais da educación e o lecer educativo.
Entre elas, destacan Os Campamentos como Espazos de Participación (2020) e Comunicación Efectiva e Bo Trato no Tempo Libre (2025 e 2026).
No ano 2019 desenvolvemos o Programa GALEUROPA, promovendo experiencias de mobilidade transnacional para persoas mozas menores de 30 anos.
A través de prácticas formativas en Lisboa, Bruxelas e Carpegna, favorecemos a adquisición de competencias profesionais, persoais e interculturais.
Cada proxecto nace da colaboración e da escoita das necesidades de cada entidade.
Se tes unha idea, unha proposta ou queres saber máis sobre os nosos servizos, estaremos encantadas de falar contigo.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar a análise de navegación das persoas usuarias e mellorar os nosos servizos. Ao pulsar “Aceptar” consente ditas cookies. Pode obter máis información pulsando AQUÍ ou ben coñecer como cambiar a configuración pulsando en “Configurar Cookies”.
