No ano 2024 impulsamos un proceso de participación xuvenil que promoveu o diálogo entre mocidade, profesionais e administracións para construír, de forma colectiva, propostas que fortalecesen as políticas públicas de educación no tempo libre en Galicia.
No ano 2024 desenvolvemos un proxecto estatal, subvencionado polo Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030, para impulsar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) na Educación Non Formal.
A través de formacións, recursos pedagóxicos e procesos participativos, achegamos ferramentas para educar en valores, fomentar a participación xuvenil e contribuír a unha cidadanía máis crítica e comprometida.
Desde o curso escolar 2020-2021 desenvolvemos o Proxecto SEMENTE no Concello da Coruña, acompañando ao alumnado e profesorado na creación e xestión de cooperativas escolares.
Esta experiencia achega os valores da economía social e favorece o desenvolvemento de competencias como o traballo en equipo, a creatividade, a toma de decisións, a xestión de recursos e o compromiso coa comunidade.
Desenvolvemos en Galicia o proxecto We Take Part, en colaboración coa Universidade de Barcelona e a Universidade da Coruña.
A través de procesos participativos con infancia en situación de risco de exclusión social, promovemos o seu dereito a participar, expresar a súa voz e formar parte da toma de decisións para contribuír á transformación da súa comunidade.
No ano 2026 deseñamos para o Concello de Carballo O Reloxo do Tempo: Homenaxe a Begoña Caamaño, un escape game educativo inspirado no Día das Letras Galegas.
Mediante probas, enigmas e personaxes da literatura galega, achegamos á mocidade unha experiencia inmersiva para descubrir a nosa lingua e cultura desde o xogo, a cooperación e a participación.
Desenvolvemos obradoiros de participación dirixidos a centros educativos, co fin de promover o protagonismo da infancia e da mocidade na vida escolar.
Traballamos a cooperación, a cohesión grupal, os dereitos da infancia e da mocidade e a toma de decisións a través de dinámicas participativas e gamificadas.
Cada proxecto nace da colaboración e da escoita das necesidades de cada entidade.
Se tes unha idea, unha proposta ou queres saber máis sobre os nosos servizos, estaremos encantadas de falar contigo.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar a análise de navegación das persoas usuarias e mellorar os nosos servizos. Ao pulsar “Aceptar” consente ditas cookies. Pode obter máis información pulsando AQUÍ ou ben coñecer como cambiar a configuración pulsando en “Configurar Cookies”.
