Desde o curso escolar 2021-2022 desenvolvemos, para o Concello de Oleiros, o programa de Mediación e Convivencia Escolar, levando aos centros educativos obradoiros sobre resolución pacífica de conflitos, xestión emocional, Comunicación Non Violenta e bo trato.
Acompañamos aos centros educativos na creación de espazos de convivencia respectuosos, participativos e seguros.
A través de obradoiros, formacións e procesos de Mediación Escolar, traballamos a Educación Emocional, a comunicación, a resolución pacífica dos conflitos e o bo trato, adaptando cada proposta ás necesidades de cada comunidade educativa.
Cada proxecto nace da colaboración e da escoita das necesidades de cada entidade.
Se tes unha idea, unha proposta ou queres saber máis sobre os nosos servizos, estaremos encantadas de falar contigo.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar a análise de navegación das persoas usuarias e mellorar os nosos servizos. Ao pulsar “Aceptar” consente ditas cookies. Pode obter máis información pulsando AQUÍ ou ben coñecer como cambiar a configuración pulsando en “Configurar Cookies”.
